Acceso á función pública na rama sanitaria
O 29 de febreiro tivo lugar unha charla, en sesións de mañá e tarde, impartida por Eladio Candia (Formantia) sobre o acceso á función pública na rama sanitaria: como funciona, exames de oposición, listas de contratación, cursos baremables, etc.
O destinatario das charlas foi o alumnado de ciclos formativos da familia profesional Sanidade.











