Simulacro de excarceración de accidentados de tráfico
O venres, día 1 de marzo, pola tarde, no CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel de Ourense celebrouse un simulacro de excarcelación de accidentados de tráfico, que contou ca colaboracion de bombeiros, Inorde e Tesgalicia,
Neste simulacro todas e todos os participantes practicaron as distintas técnicas de atención a accidentados de tráfico e protocolos de actuación en cada caso.
Este simulacro forma parte do Plan de Formación do Profesorado de Formación Profesional “Aplicación de técnicas de realidade aumentada na realización de simulacros” no que colabora o profesorado do curso de especialización de videoxogos e realidade virtual e o do ciclo de Emerxencias Sanitarias.
Con esta actividade alumnado e profesorado puideron aproximarse á realidade da atención a vítimas de tráfico e saber como é a colaboracion entre os distintos corpos que atenden estas situacións.



















