Visita a grupo REVI
O grupo de 1º de Sistemas Microinformáticos e Redes participou no Programa "Empresa familiar en las aulas" que ten por obxectivo acercar o mundo da empresa ao alumnado e dar a coñecer os valores e a importancia da empresa familiar, fomentando o emprendemento.
Onte recibimos ao Conselleiro Delegado de Grupo REVI, para contarnos a historia da empresa familiar que dirixe e amosarnos o seu proceso de fabricación e distribución de produtos.
Hoxe o noso alumnado puido visitar as instalacións das dúas plantas que grupo REVI ten en Quintela de Canedo e no polígono do 21.















