arriba
Xoves, 18-Abril-2024   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorEncontro sobre visibilidade de xénero


Luns, 11-Marzo-2024

Encontro sobre visibilidade de xénero

O 6 de marzo desenvolvéronse en sesións de mañá e tarde, sendas mesas redondas sobre visibilidade de xénero, co obxecto de sensibilizar en contra da transfobia e crear conciencia para rematar coa discriminación das persoas transxénero.

Tiveron por destinatario ao alumnado das distintas familias profesionais que se imparten no centro. Participou nelas Cristina Palacios Castro,  presidenta de Arelas, asociación de familias de menores trans, Kevin Fernández Sousa, Gloria Fernández e Vidya.

Asemade, trala exposición das persoas participantes, abriuse un turno de preguntas para o público asistente, que xerou debate e foi moi enriquecedor.


Encontro sobre visibilidade de xénero - Foto 1
Encontro sobre visibilidade de xénero - Foto 2
Encontro sobre visibilidade de xénero - Foto 3
Encontro sobre visibilidade de xénero - Foto 4
Encontro sobre visibilidade de xénero - Foto 5
Encontro sobre visibilidade de xénero - Foto 6


Mais noticias...