arriba
Xoves, 18-Abril-2024   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorO noso centro colabora con PREVISEL


Venres, 15-Marzo-2024
O noso centro colabora con PREVISEL - Foto

O noso centro colabora con PREVISEL

O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel vén de colaborar no 17º Salón da Prevención e Seguridade Laboral (PREVISEL) celebrado durante o 13 e o 14 de marzo.

Participamos co noso simulador 3D de realidade aumentada que permite traballar contidos relacionados coa condución dunha ambulancia nun contexto controlado. Trátase dunha idea innovadora e unha ferramenta única no noso país que permite simular diferentes situacións de condución en urxencias extrahospitalarias de xeito seguro nun entorno virtual, adestrar e avaliar as destrezas adquiridas polo alumnado do ciclo de Técnico en Emerxencias Sanitarias.

O proxecto realizouse en colaboración con diferentes entidades (FPUSG-061, DXT e Tesgalicia) e cos compañeiros e compañeiras da familia profesional de Informática do Curso de especialización no desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual, apoiados por asesores informáticos.


O noso centro colabora con PREVISEL - Foto 2


Mais noticias...