
Programa Finanzas para mortais
O alumnado de 2º de FP Básica recibiu, por parte dun profesional do Banco Santander, unha formación en educación financeira básica, enmarcada no programa Eduemprende "Finanzas para mortais", cuxo principal obxectivo é fomentar o emprendemento e a cultura financeira como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía.










