Obradoiro sobre contaminación luminosa
“Iluminar o presente, apagar o futuro”, con esta afirmación chea de intencións arrincou onte o obradoiro sobre contaminación luminosa enmarcado dentro das Xornadas de saúde ambiental.
Este interesante taller impartido polo profesor Víctor Tilve abordou o impacto na nosa saúde, na fauna, na flora e no noso peto do exceso de luz, unha forma de contaminación olvidada pola sociedade.