
Conferencia "Sé intelixente cos teus cartos"
O 9 de abril, o alumnado de 1º curso de Sistemas Microinformáticos e Redes, 1º de Operacións de Laboratorio, 1º de Coidados Auxiliares de Enfermería e 1º de Documentación e Administración Sanitaria asistiu á conferencia "Sé intelixente cos teus cartos", enmarcada no programa Eduemprede Preparados para o Salto, que foi impartida por persoal da Fundación Galicia Obra Social Abanca, cuxo obxectivo principal é mellorar o nivel de alfabetización financeira entre o noso alumnado.












