Os estudantes de ciclos de FP de A Carballeira coñeceron a UNED
O director expuxolles o abano de graos aos que poden acceder tan pronto acaben os seus ciclos superiores. Insistiulles en que non terán notas de corte para entrar na Universidade pública máis grande de España, onde poderán graduarse ao seu ritmo.
Na actividade participou alumnado de 1° da familia profesional de Informática, Sanidade, Química e Seguridade e Medio Ambiente.












