arriba
Mércores, 22-Xaneiro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorVisita ao Arquivo do Hospital Universitario de Ourense (CHUO)


Luns, 22-Abril-2024
Visita ao Arquivo do Hospital Universitario de Ourense (CHUO) - Foto

Visita ao Arquivo do Hospital Universitario de Ourense (CHUO)

O venres, 19 de abril, o alumnado de 1º de Documentación e Administración Sanitarias visitou o Arquivo do CHUO, situado no Polígono de San Cibrao das Viñas e xestionado pola empresa Servicio Móvil.

A visita permitiu coñecer o método de arquivamento de historias clínicas en papel e o proceso de dixitalización cara ao completo desenvolvemento da informatización e xestión da Historia Clínica Electrónica.

O alumnado tivo a oportunidade de resolver dúbidas e ser conscientes da magnitude que supón manter un arquivo destas características, tanto dende o punto de vista da administración do espazo, a xeración de residuos ou o traballo investido en recursos humanos, como na custodia e protección de datos altamente sensibles durante todo o proceso.




Mais noticias...