arriba
Mércores, 19-Xuño-2024   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorParticipación no festival científico “CinVigo”, Ciencia na rúa”


Martes, 23-Abril-2024
Participación no festival científico “CinVigo”, Ciencia na rúa”
 - Foto

Participación no festival científico “CinVigo”, Ciencia na rúa”

O CIFP A Carballeira participou na  segunda edición do festival científico "CinVigo, Ciencia na rúa" organizada pola Universidade de Vigo, os días 20 e 21 de abril, cun proxecto chamado "Dende Ourense con Chispa!".

A proposta do alumnado de LOSA (módulo do ciclo de Emerxencias Sanitarias) consistiu na realización de varios prototipos de sistemas de produción de luz empregando material de refugallo (uso de elementos domésticos que se poden empregar como combustibles e aproveitamento da luz solar para crear "bombillas"), que poderian resultar útiles en situacións de escasez de recursos como no caso de catástrofes.

Tanto o ano pasado coma este fomos o único proxecto de FP que se presentou ao festival.

A xornada foi moi produtiva e unha gran experiencia de aprendizaxe para o noso alumnado que realizou un gran traballo, especialmente o que acudiu en representación do grupo: Roberto, Adelia, Rocío e María.

Agradecemos ao equipo de organización do evento o seu gran esforzo e felicitamos ao CinVigo por conseguir levar a ciencia á rúa de xeito tan fantástico. Esperamos poder volver participar na próxima edición!


Participación no festival científico “CinVigo”, Ciencia na rúa”
 - Foto 2
Participación no festival científico “CinVigo”, Ciencia na rúa”
 - Foto 3
Participación no festival científico “CinVigo”, Ciencia na rúa”
 - Foto 4
Participación no festival científico “CinVigo”, Ciencia na rúa”
 - Foto 5


Mais noticias...