arriba
Mércores, 10-Decembro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorI Xornada de Emerxencias Sanitarias


Martes, 23-Abril-2024

I Xornada de Emerxencias Sanitarias

Os días 10, 11 e 12 de abril celebrouse no CIFP A Carballeira-Marcos Valcácel de Ourense a I Xornada de Emerxencias Sanitarias, unha iniciativa pioneira a cargo do profesorado do departamento de Sanidade do centro.

Entre a multitude de actividades programadas leváronse a cabo charlas sobre investigación en incendios forestais, talleres, actividades de gamificación e coloquios con Técnicos en Emerxencias Sanitarias (TES). Presentouse, tamén, o libro “Guía do Transporte Sanitario en Transporte Urxente” e puideron contar coa participación de integrantes do Instituto Nacional de Emergência Médica de Portugal.

Houbo tempo para a realización doutras actividades de carácter máis práctico como soporte vital avanzado e control de hemostasia.

Para rematar todo o centro puido traballar de maneira lúdica diversas competencias do ámbito sanitario por medio de xogos, desfrutando así de iniciativas de gamificación que se están a aplicar nas aulas.

En definitiva, unha experiencia moi enriquecedora tanto para o alumnado como para un profesorado totalmente implicado na mellora da formación a través da realización deste tipo de actividades complementarias.


I Xornada de Emerxencias Sanitarias - Foto 1
I Xornada de Emerxencias Sanitarias - Foto 2
I Xornada de Emerxencias Sanitarias - Foto 3


Mais noticias...