Programa de vixilancia e control do mosquito
O pasado verán detectouse por primeira vez no noroeste da Península Ibérica o mosquito tigre, concretamente en Vigo e arredores.
O mosquito tigre é unha especie invasora coa capacidade de transmitir enfermidades víricas coma o dengue ou a febre amarela
Neste contexto, o alumnado do CS de Química e Saúde Ambiental acaba de iniciar un Programa de vixilancia e control deste mosquito no noso centro cuxos resultados serán presentados ao concurso do Proxecto educativo de Mosquito Alert (@mosquitoalert_edu), que conta co respaldo e colaboración da @FECYT_ciencia e o @ceabcsic