arriba
Mércores, 19-Xuño-2024   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorO noso paso por FP Innova 2024


Luns, 29-Abril-2024
O noso paso por FP Innova 2024 - Foto

O noso paso por FP Innova 2024

Os días 24, 25 e 26 de abril celebrouse na Cidade da Cultura de Galicia o Congreso FP Innova Galicia 2024.

O noso centro presentou un innovador proxecto "Valoración e atención do paciente: aplicación de protocolos de actuación mediante realidade virtual 3D" que busca transformar a formación dos Técnicos en Emerxencias Sanitarias (TES). Trátase dunha ferramenta que permite traballar con protocolos actualizados de avaliación do paciente en emerxencias sanitarias extrahospitalarias.

Este proxecto materializouse nun simulador en realidade virtual 3D. O simulador, que utiliza dúas gafas interactivas, permite a colaboración entre dous usuarios emulando a dinámica de traballo dos TES.

Unha das características destacadas desta ferramenta é a súa capacidade para interactuar con obxectos presentes nunha ambulancia e cun paciente virtual realista, desafiando aos usuarios a tomar decisións rápidas e efectivas.

A participación neste evento resalta as características e os beneficios do simulador 3D, así como a colaboración entre diversas institucións e profesionais que fan posible o seu desenvolvemento.

O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel tamén participou na impartición de distintos obradoiros sobre videoxogos e realidade virtual e sobre a creación de contidos mediante Intelixencia Artificial, ademais de colaborar no proxecto presentado polo CIFP Portovello "Uso de tecnoloxías de realidade virtual e aumentada en aplicacións de selección de persoal", amosando así o seu compromiso coa innovación na Formación Profesional.


O noso paso por FP Innova 2024 - Foto 2
O noso paso por FP Innova 2024 - Foto 3
O noso paso por FP Innova 2024 - Foto 4
O noso paso por FP Innova 2024 - Foto 5


Mais noticias...