Formación en primeiros auxilios para escolares
Onte tivo lugar no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel unha Xornada de Formación sobre Primeiros Auxilios coa colaboración de TES Galicia e o Concello de Ourense.
Esta actividade, enmarcada dentro dos Programas Educativos do Concello de Ourense, tivo como obxectivos:
- Proporcionar ao alumnado as ferramentas para saber enfrontarse ante unha situación de emerxencia sen empeorala.
- Coñecer as primeiras medidas de seguridade perante un accidente: normas básicas de socorrismo e primeiros auxilios.
Os obradoiros foron impartidos por persoal especializado para os grupos:
- 1º Química e Saúde Ambiental
- 1º Hixiene Bucodental
- 1º Laboratorio Clínico e Biomédico
- 1º Operacións de Laboratorio
- 1º Laboratorio de Análise e de Control de Calidade
- 1º Coidados Auxiliares de Enfermaría
- 1º Formación Profesional Básica
- 1º Farmacia e Parafarmacia
- 1º Sistemas Microinformáticos e Redes (Tarde)