arriba
Sábado, 21-Setembro-2024   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorO CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense recibe o premio do ...


Luns, 13-Maio-2024
O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura de Luísa Villalta. - Foto

O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura de Luísa Villalta.

Nun emotivo acto que reuniu a destacados cargos institucionais no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, levouse a cabo a entrega do premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura homenaxeada, Luísa Villalta, na modalidade de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Réxime Especial.

Durante o acto de entrega destacouse a importancia de fomentar e preservar a lingua e a cultura galegas así como o papel fundamental que desenvolven os escritores e escritoras neste noble espazo. Ademais, fíxose fincapé no legado literario de Luisa Villalta, cuxa contribución á literatura galega foi fundamental para enriquecer o acervo cultural do país.

O envento culminou coa entrega do premio por parte da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, e coa presentación do traballo gañador “Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta”, coordinado pola profesora Nuria Regina Fortes e no que participou tanto o alumnado como o profesorado do centro. O traballo destaca polo seu carácter innovador ao amosar a protagonista das Letras Galegas como un avatar que convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, unha realidade virtual na que se dispoñen imaxes, recursos e actividades interactivas.

O acto, moderado pola directora do centro, Adelaida Saá e no que participaron tamén Afonso Vázquez Monxardín, académico da RAG e Marcos Vázquez Guzmán, director da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense, estivo impregnado dunha aura de celebración e gratitude hacia personaxes que, como Luisa Villalta, adicaron a súa vida a enriquecer o patrimonio cultural de Galicia a través das súas letras.


O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura de Luísa Villalta. - Foto 2
O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura de Luísa Villalta. - Foto 3
O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura de Luísa Villalta. - Foto 4
O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura de Luísa Villalta. - Foto 5
O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura de Luísa Villalta. - Foto 6
O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura de Luísa Villalta. - Foto 7


Mais noticias...