Visita do alumnado de Dietética á Feira XANTAR
O alumnado de Dietética do CIFP A Carballeira visitou, os días 24 e 25 de outubro, o 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar.
Asistiron, entre outras actividades, a unha cata de queixos e tamén a unha cata de mel e galletas.
Foron acompañados polas profesoras María Isabel Sánchez e María Vence.












