arriba
Sábado, 23-Outubro-2021   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorProcedemento de Avaliación, Recoñecemento e Acreditación de Competen...


covid-19igualdade
Sábado, 24-Xullo-2021
Procedemento de Avaliación, Recoñecemento e Acreditación de Competencias Profesionais (ARA) - Foto

Procedemento de Avaliación, Recoñecemento e Acreditación de Competencias Profesionais (ARA)

Programa cofinanciado polo Ministerio de Educación y Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial “Plan De Formación Profesional Para El Crecimiento Económico y Social y La Empleabilidad”, e pola Unión Europea-NextGenerationEU.

 

Este procedemento realizarase en diversos centros en toda Galicia, entre eles o CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel onde contamos coas seguintes familias profesionais:

-       Informática e comunicacións

-       Química

-       Sanidade

-       Seguridade e medio ambiente

 

O procedemento ARAestará ABERTO PERMANENTEMENTE polo que as persoas interesadas poderán inscribirse no mesmo en calquera momento. Todo o proceso terá que estar resolto nun prazo máximo de 6 meses dende a data de inscrición.

 

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía telemática na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.gal/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado.

 

Poderase consultar de xeito detallado as fases do procedemento, os requisitos necesarios para poder participar, as Unidades de Competencia ofertadas en cada centro e calquera outra información de interese na seguinte ligazón: www.edu.xunta.gal/fp/acredita

 

Para calquera aclaración poden contactar coa Xefa do Departamento de Acreditación e Probas do noso centro: Beatriz Mira Miñones.

 img#7904



Mais noticias...