Sesión "O desenvolvemento da creatividade"
O pasado martes, día 5 de novembro, celebramos a primeira sesión do curso O desenvolvemento da creatividade dentro do Programa Educación Responsable, impartido por Laura Campos Suárez.
Os obxectivos que pretendemos acadar con este curso son:
- Promover o pensamento creativo.
- Coñecer o papel do desenvolvemento do pensamento creativo no desenvolvemento integral do alumnado, xunto co desenvolvemento afectivo, cognitivo e social.
- Traballar técnicas de pensamento relacional e grupal.
As seguintes sesións levaranse a cabo os días 14 e 19 deste mesmo mes.