arriba
Luns, 9-Decembro-2024   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorParticipación no programa PIALE


Mércores, 20-Novembro-2024

Participación no programa PIALE

O noso compañeiro do departamento de Informática, Víctor Manuel Alonso, participa no Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) na modalidade "integración na vida escolar nun centro educativo fóra de España", concretamente en Canadá, no Jarvis Collegiate Institute.

Con esta experiencia tan enriquecedora o noso compañeiro mellorará a súa competencia comunicativa axudando á internacionalización do noso sistema educativo.

Na modalidade de integración na vida escolar dun centro educativo fóra de España, o itinerario formativo desenvólvese en dúas fases. A fase A, de 100 horas, consiste na integración do docente na vida escolar de centros educativos en Canadá, Francia ou Portugal durante o primeiro trimestre do curso 2024/2025. A fase B, de 25 horas, estará dedicada á difusión da experiencia adquirida.




Mais noticias...