Charla "Como facer unha busca documental en internet para realizar traballos académicos"
O 19 de novembro celebrouse unha charla enmarcada no Programa A Ponte, da USC, co título Como facer unha busca documental en internet para realizar traballos académicos, dirixida ao alumnado de ciclos formativos da Familia Profesional Sanidade e de Seguridade e Medio Ambiente.
A relatora tocou aspectos relacionados coas competencias informacionais, competencias informáticas, o proceso de busca documental, motores de busca xeral e especializados, bases de datos e catálogos documentais, xestión de documentos, etc.