Charla "Violencia sobre a muller"
O 26 de novembro celebrouse a charla Violencia sobre a muller, por parte do CNP de Ourense, enmarcada dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos e os sus contornos.
Ofreceuse unha perspectiva actual e adaptada das circunstancias que se dan na violencia de xénero, ofrecendo pautas para recoñecer incluso situacións sutís enmarcadas na violencia machista. Asemade fíxose fincapé na capacidade da mocidade para cambiar esta dinámica machista e convertila nunha situación de igualdade dende a educación.
Acudiu alumnado das distintas familias profesionais.