arriba
Mércores, 22-Xaneiro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorO CIFP A Carballeira acode á Feira de Educación do IES As Lagoas


Luns, 2-Decembro-2024

O CIFP A Carballeira acode á Feira de Educación do IES As Lagoas

O pasado mércores, 27 de novembro, o vicedirector e o orientador do noso centro, acompañados polo profesorado do Curso de Especialización Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual, acudiron ao IES AS Lagoas para dar a coñecer a oferta formativa do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel.

Co fin de presentar nun mesmo recinto e de primeira man a oferta educativa dispoñíbel, o IES AS Lagoas organizou unha Feira de Educación na que docentes de universidades, centros de FP e outras escolas presentaron diferentes opcións educativas que ten o alumnado de Bacharelato na súa transición á educación superior.


O CIFP A Carballeira acode á Feira de Educación do IES As Lagoas - Foto 1
O CIFP A Carballeira acode á Feira de Educación do IES As Lagoas - Foto 2
O CIFP A Carballeira acode á Feira de Educación do IES As Lagoas - Foto 3


Mais noticias...