arriba
Mércores, 22-Xaneiro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorVisita ao CIMUS


Mércores, 4-Decembro-2024

Visita ao CIMUS

Onte o alumnado de 2º de Laboratorio Clínico e Biomédico e o do Curso de Especialización en Cultivos Celulares acudiu a unha ACF en Santiago. Alí visitaron o CIMUS, onde os recibiron cos brazos abertos.
Primeiro tiveron unha pequena charla sobre as principais liñas de traballo de dito centro, e despois puideron visitar algunhas das súas instalacións, nas cales o alumnado puido ver a gran variedade de equipos cos que traballan e coñecer de primeira man experiencias dalgunhas das súas investigadoras. Unha visita moi enriquecedora.

Esta actividade está enmarcada no proxecto de Aulas de Emprendemento 2024 no que o noso centro participa.


Visita ao CIMUS - Foto 1
Visita ao CIMUS - Foto 2


Mais noticias...