Espazo de tecnoloxía aplicada na FP
Nos próximos días a aula 30 de informática, na que se imparte o segundo curso de Desenvolvemento de Aplicacións Multimedia e os Cursos de Especialización de Desenvolvemento de Videoxogos e Realidade Virtual e Intelixencia Artificial e Big Data, completará a súa transformación a espazo de tecnoloxía aplicada.
Estamos desexando mostrarvos o resultado final. Estade atentos e atentas!!!