Olimpíadas para a convivencia: team building para alumnado de FP
A semana pasada levouse a cabo a actividade Olimpíadas para a convivencia: team building para alumnado de FP, onde o alumnado da FP Básica, formando equipos, competiu en cinco divertidos retos deseñados para fortalecer os lazos entre compañeiros e compañeiras e promover valores como o respecto, a confianza, a superación e o traballo en grupo.
Con esta actividade perseguimos varios obxectivos:
- Mellorar a convivencia.
- Desenvolver traballo en equipo.
- Aumentar a confianza.
- Estimular a iniciativa.
- Fomentar a superación persoal e colectiva.