Charla AETEL - Asociación Española de Técnicos de Laboratorio
A semana pasada tivo lugar no noso centro unha charla de AETEL - Asociación Española de Técnicos de Laboratorio. Nesta charla o alumnado aprendeu como traballa esta asociación.
Tamén lle explicaron a formación que poden realizar a través deles ou doutras asociacións, a historia dos técnicos de laboratorio e anatomía patolóxica, a oferta laboral que hai nesta especialidade e onde poden buscala, a carreira profesional e a futura transformación da FP en Grao.