arriba
Mércores, 10-Decembro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorVisita a IDIS e a ADOS


Venres, 7-Febreiro-2025

Visita a IDIS e a ADOS

O pasado venres, 31 de xaneiro, o alumnado do ciclo de Laboratorio Clínico e Biomédico foi a Santiago para a realización de dúas ACFs.

O alumnado de 1º visitou o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), onde investigadoras de distintos grupos os acolleron e lles ensinaron moitas das cousas que fan a través de obradoiros prácticos. O estudantado puido por en práctica algúns dos seus coñecementos e visualizar posibles saídas laborais para un futuro.

O alumnado de 2º, pola súa parte, acercouse á Axencia de Doazón de Órganos, Sangue e Tecidos (ADOS). Alí puideron ver os laboratorios onde se realizan todas aquelas probas que precisan as doazóns de sangue e de médula como a separación dos distintos compoñentes sanguíneos, a seroloxía de enfermidades transmisibles, o hemograma, e o análise de histocompatibilidade entre outros.

Dúas experiencias moi enriquecedoras para todo o estudantado deste ciclo.


Visita a IDIS e a ADOS - Foto 1
Visita a IDIS e a ADOS - Foto 2
Visita a IDIS e a ADOS - Foto 3


Mais noticias...