O CIFP A Carballeira na prensa. Preparados para detectar a chegada do mosquito tigre.
O CIFP A Carballeira é o único punto na provincia de Ourense que realiza trampeo para vixilar e controlar a chegada do "Aedes albopictus" trala súa primeira aparición en Vigo en agosto do 2023. O proxecto de innovación educativa, coordinado polo profesor Víctor Moreira Coello, contempla medidas para reducir a súa presenza e dispersión.










