Proxectos de Inclusión Educativa (PIE). Obradoiro de competencias socioemocionais.
O 14 de febreiro comezou, co alumnado de 1° e 2° da FP Básica, o obradoiro de competencias socioemocionais enmarcado dentro dos Proxectos de Inclusión Educativa (PIE), na modalidade Promoción do benestar emocional.
O obxectivo deste obradoiro é que o alumnado poida adquirir e desenvolver competencias emocionais (conciencia emocional, autonomía emocional e regulación das emocións propias e alleas) entendidas como competencias básicas para a vida. Asemade adquirir, tamén, habilidades e estratexias para enfrontarse ao mundo laboral, no caso do alumnado de 2° da FPB.
O obradoiro está sendo impartido polas coach Eva Muñoz e Lara.