II Xornadas de Emerxencias Sanitarias
O luns 10 de febreiro tivo lugar o primeiro día das II Xornadas de Emerxencias Sanitarias. Contamos coa participación de Manuel Alende, responsable, durante anos, de transporte do 061, así como con José A. B. Malavé, membro de Tesgalicia. O alumnado puido visualizar a inspección dunha ambulancia in situ, así como participar nun taller de creación de modelos de hemostasia.
Desde o centro agradecemos especialmente a súa colaboración.
Para rematar coas II Xornadas de Emerxencias Sanitarias, celebramos o xoves e venres da pasada semana outras charlas e talleres con diversos perfís involucrados na xestión de Emerxencias:
- O xoves contamos coa participación de Cristina Posada e de Julio Jiménez, bombeiros, e máis TES, que nos permitiron acercar un pouco máis ambos sectores.
- O venres tivemos o pracer de contar con Esther Puente e Fernando Ferreira, que nos explicaron como era o seu labor como locutores de central, ademais de ofrecernos un pequeño taller de xestión da demanda.
Coma sempre, gustaríanos agradecer a súa participación.
Agardamos que estas Xornadas fosen de gran proveito para todos e todas.