arriba
Sábado, 22-Marzo-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorSesións de "Free English Practice"


Martes, 25-Febreiro-2025

Sesións de "Free English Practice"

O vindeiro xoves, día 27 de febreiro, comezarán as sesións de "Free English Practice" co noso asistente de conversa Peyton Thompson durante o descanso da mañá.


Levaranse a cabo os xoves e venres nese mesmo horario: 11:30 h-12:00 h.


A actividade consiste na práctica da lingua estranxeira nun ambiente distendido onde poderedes aproveitar o voso descanso para tomar ou comer algo mentres conversades en inglés, xogades ou aprendedes curiosidades da cultura americana. É unha oportunidade que non deberiades deixar escapar.

Animádevos a participar! Para calquera dúbida podedes contactar co profesorado do departamento de idiomas ou co asistente (Peyton ) o cal vos guiará no que precisedes.

JOIN US! :)


Sesións de "Free English Practice"  - Foto 1


Mais noticias...