arriba
Luns, 21-Abril-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorI Feira educativa en Ourense.


Martes, 1-Abril-2025
I Feira educativa en Ourense. - Foto

I Feira educativa en Ourense.

I FEIRA EDUCATIVA: ESPAZO DE INNOVACIÓN E COLABORACIÓN EDUCATIVA

Dende o CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel participamos:

  • Espazo de orientación.
  • Espazos de innovación:
    • Experiencia inmersiva 360.
    • Impresión 3D.
    • Actividades de microscopía, saúde e ciencias..
    • Actividades tecnolóxicas (Intelixencia Artificial).
    • Actividades de emerxencias sanitarias.

O evento terá lugar en Expourense os días 2 e 3 de abril deste ano e nace coa finalidade de promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe colaborativa e o fortalecemento das relacións entre os distintos niveis educativos e entre alumnos, centros, profesores, directores e outros expertos vinculados ao sector.

A feira tamén servirá de lugar de encontro para diferentes membros da comunidade educativa para compartir experiencias e boas prácticas, reforzar o traballo en rede, crear un espazo de intercambio e promover unha educación inclusiva e innovadora.

No acto tamén se porá en valor o labor transformador dos centros educativos da provincia de Ourense a través da exposición de proxectos innovadores que demostran a aposta pola calidade, a creatividade e a renovación pedagóxica. Estas iniciativas reflicten a capacidade dos centros para adaptarse aos retos do século XXI, integrando metodoloxías activas, tecnoloxías emerxentes e enfoques orientados á sustentabilidade e ao benestar.




Mais noticias...