Taller de excarcelación no CIFP A Carballeira
O martes, día 8 de abril, levouse a cabo un taller de excarcelación no centro, no que participou o alumnado de Emerxencias Sanitarias.
Durante a actividade, practicouse a extracción de vítimas de coches en diferentes posicións fomentando a colaboración entre dous sectores das emerxencias extrahospitalarias. Como sempre, agradecer a participación de TESGalicia e de Bombeiros Ourense