arriba
Mércores, 12-Novembro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorEntrega de Premios Inclusión, ConVivimos e Tolerancia 0 contra o Aco...


Venres, 2-Maio-2025

Entrega de Premios Inclusión, ConVivimos e Tolerancia 0 contra o Acoso e o Ciberacoso

O pasado xoves, día 24 de abril, o vicedirector do centro xunto co coordinador de benestar e convivencia acudiron ao acto de entrega dos Premios Inclusión, Convivimos e Tolerancia 0 contra o acoso e o ciberacoso.

O proxecto presentado polo CIFP A Carballeira foi galardoado co 1º premio ConVivimos 2024 de convivencia e benestar emocional na modalidade B.

Neste proxecto destacan as accións desenvolvidas dende o centro en materia de convivencia e benestar emocional, así como aquelas orientadas á promoción do respecto e da igualdade. Entre estas actuacións salientan a formación en mediación, as xornadas de convivencia deportiva, a organización dunha mesa redonda sobre a visibilidade trans, cursos sobre intelixencia emocional e autoestima/convivencia, así como obradoiros centrados na violencia de xénero no contexto dixital e na violencia machista nas relacións de parella entre a mocidade, entre outras iniciativas.

Estas intervencións reflicten o compromiso do centro coa creación dun clima educativo seguro, inclusivo e respectuoso, favorecendo o desenvolvemento integral do alumnado e promovendo valores fundamentais para a convivencia democrática. 


Entrega de Premios Inclusión, ConVivimos e Tolerancia 0 contra o Acoso e o Ciberacoso  - Foto 1
Entrega de Premios Inclusión, ConVivimos e Tolerancia 0 contra o Acoso e o Ciberacoso  - Foto 2
Entrega de Premios Inclusión, ConVivimos e Tolerancia 0 contra o Acoso e o Ciberacoso  - Foto 3


Mais noticias...