
Conferencia:Sé intelixente cos teus cartos.
O pasado 16 de maio, o alumnado de 1º curso de Sistemas Microinformáticos e Redes, 1º de Operacións de Laboratorio e 1º de Coidados Auxiliares de Enfermería asistiu á conferencia "Sé intelixente cos teus cartos", enmarcada no programa Eduemprede "Preparados para o Salto", que foi impartida por persoal da Fundación Galicia Obra Social Abanca, cuxo obxectivo principal é mellorar o nivel de alfabetización financeira entre o noso alumnado.
