arriba
Mércores, 12-Novembro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorColaboración coa EOI de Ourense


Martes, 21-Outubro-2025
Colaboración coa EOI de Ourense - Foto

Colaboración coa EOI de Ourense

No marco dun proxecto europeo lanzado pola EOI de Ourense no que temos o pracer de colaborar, recibimos onte a visita da súa directora, Nancy Casielles, xunto co Dr. Yunus Emre Acvu, catedrático asociado da Universidade de Balikesir, Turquía, e de Ahmet Kemal Yildiz, asesor en materia tecnolóxica da Dirección Xeral de Innovación e Formación Educativa do Ministerio de Educación de Turquía.


O obxectivo da mesma foi coñecer de primeira man o funcionamento do noso centro na docencia de Realidade Virtual, enmarcada no Curso de Especialización de VideoXogos e Realidade Virtual, así como o seu impacto da docencia dos outros ciclos formativos impartidos polo noso centro.

Agradecémoslle moito a súa visita, que resultou ser moi positiva para ambas partes. Ambos profesionais estarán durante esta semana impartindo na EOI de Ourense un seminario sobre a adquisión de linguas mediante VR, destinado ao profesorado.


Colaboración coa EOI de Ourense - Foto 2
Colaboración coa EOI de Ourense - Foto 3
Colaboración coa EOI de Ourense - Foto 4


Mais noticias...