O Samaín chegou ao CIFP A Carballeira!
Este ano os corredores do centro enchéronse de maxia, misterio e moita creatividade! O noso alumnado púxose mans á obra para decorar as portas das aulas con motivos do Samaín: cabazas, meigas, monstros, esqueletes… e ata algunhas sorpresas que dan máis risa ca medo!
A actividade foi promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística, que quixo celebrar esta data tan especial recuperando as nosas tradicións dun xeito lúdico e participativo.
Grazas a todas e todos por implicarvos e por facer que o noso centro se convertese nun lugar cheo de cor, imaxinación e espírito festivo.
Aquí vos deixamos unhas fotos das portas decoradas…
¡Bo Samaín a toda a comunidade educativa!



















