arriba
Mércores, 10-Decembro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorAsistencia aos VI International Zendal Awards


Mércores, 12-Novembro-2025

Asistencia aos VI International Zendal Awards

O profesorado do curso de especialización en Cultivos Celulares do CIFP A Carballeira e a directora do centro participaron na VI edición dos International Zendal Awards, un evento de referencia internacional que premia a innovación, a investigación e o desenvolvemento no ámbito da biotecnoloxía e a saúde.

Os International Zendal Awards nacen coa vocación de recoñecer o traballo daquelas institucións, públicas ou privadas, que desenvolven a súa labor tanto no eido da saúde humana como animal, e que teñan amosado mérito e compromiso no seu desempeño, relacionado coas vacinas, os medicamentos e as terapias, a prevención, a biotecnoloxía, a medicina e o concepto One Health.

Esta edición contou coa presenza de destacadas figuras do sector científico e empresarial, converténdose nun punto de encontro para profesionais e institucións comprometidas coa biotecnoloxía e coa transferencia de coñecemento.

A asistencia a este acto supón unha oportunidade para o profesorado do curso de especialización de Cultivos Celulares de coñecer de primeira man os avances e

proxectos máis innovadores neste campo, así como de fortalecer os lazos entre o ámbito educativo e o tecido empresarial e investigador.

Dende o CIFP A Carballeira seguimos apostando pola formación vinculada á innovación e á ciencia, contribuíndo á preparación de profesionais altamente cualificados para o sector biotecnolóxico.


Asistencia aos VI International Zendal Awards - Foto 1
Asistencia aos VI International Zendal Awards - Foto 2


Mais noticias...