O CIFP A Carballeira únese ao Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero
O CIFP A Carballeira conmemorou, o pasado martes, o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero cunha emotiva actividade comunitaria na que participou todo o centro educativo. O acto principal consistiu na lectura dun manifesto (en galego, inglés e portugués), no que se fixo un chamamento á igualdade, ao respecto e á necesidade de erradicar calquera forma de violencia contra as mulleres.
Para visibilizar esta realidade e render homenaxe ás vítimas, o alumnado e o profesorado encheron os corredores e espazos comúns do centro con zapatos vermellos, un símbolo recoñecido internacionalmente que representa a ausencia das mulleres que xa non están e a importancia de non gardar silencio ante a violencia machista.
Con esta iniciativa, o CIFP A Carballeira reafirma o seu compromiso coa educación en valores, a convivencia e a construción dun futuro no que todas as persoas poidan vivir libres de violencia.












