arriba
Mércores, 10-Decembro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorParticipamos na feira educativa do IES As Lagoas de Ourense


Xoves, 27-Novembro-2025

Participamos na feira educativa do IES As Lagoas de Ourense

O CIFP A Carballeira estivo presente na feira educativa organizada polo IES As Lagoas de Ourense, un evento dirixido a dar a coñecer as diferentes opcións formativas ao alumnado da contorna.

Ao longo da xornada, profesorado do noso centro achegouse ao alumnado visitante información detallada sobre a ampla oferta de ciclos formativos que impartimos, pertencentes ás familias profesionais de Informática e Comunicacións, Sanidade, Química e Seguridade e Medio Ambiente.

As persoas asistentes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que se realiza no noso centro, así como as saídas profesionais e itinerarios formativos asociados a cada ciclo. A participación nesta feira supón unha excelente oportunidade para seguir difundindo o valor da Formación Profesional e achegar ao estudantado novas posibilidades para o seu futuro académico e laboral.

Desde o CIFP A Carballeira agradecemos ao IES As Lagoas a invitación e a boa acollida, e continuaremos colaborando en iniciativas que contribúan a orientar e apoiar ao alumnado na súa toma de decisións.


Participamos na feira educativa do IES As Lagoas de Ourense - Foto 1
Participamos na feira educativa do IES As Lagoas de Ourense - Foto 2
Participamos na feira educativa do IES As Lagoas de Ourense - Foto 3
Participamos na feira educativa do IES As Lagoas de Ourense - Foto 4
Participamos na feira educativa do IES As Lagoas de Ourense - Foto 5


Mais noticias...