Visita do alumnado do Istituto di Istruzione Secondaria Marconi–Hack de Bari
A semana pasada recibimos no noso centro a seis alumnas e alumnos do Istituto di Istruzione Secondaria Marconi–Hack de Bari, co obxectivo de coñecer en primeira man a formación práctica nos diversos ámbitos científicos que ofrece o noso centro. Durante a súa estancia tiveron a oportunidade de realizar numerosas prácticas nos nosos laboratorios, como a vixilancia e control do mosquito tigre, a introdución ao cultivo celular, o simulador de condución de ambulancias ou a determinación de grupos sanguíneos entre moitas outras.
O grupo destacou en varias ocasións o moito que lles gustaron estas actividades, tanto polo seu carácter práctico como pola acollida recibida, e valoraron moi positivamente poder compartir espazos e aprendizaxes co noso alumnado, co que se integraron desde o primeiro día.
O noso departamento de Programas Internacionais agradece sinceramente ao profesorado e ao alumnado que colaborou nesta experiencia pola súa implicación, dispoñibilidade e excelente labor. O voso compromiso é peza fundamental na internacionalización do noso centro e o que da sentido ao programa europeo Erasmus+, facendo posible que esta mobilidade fose unha experiencia enriquecedora para todas e todos.
Moitas grazas polo voso traballo e dedicación.


















