
As finanzas non son un xogo
No CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel apostamos polo emprendemento. Hoxe tivo lugar a charla "As finanzas non son un xogo", enmarcada no programa Eduemprende "Preparados para o salto", na que participou alumnado de ciclos formativos de grao medio de Sistemas microinformáticos e redes, Operacións de laborario e coidados auxiliares de enfermería.
Esta convocatoria ten por obxecto dar a coñecer ao alumnado como a tecnoloxía, que está a transformar a forma de vivir e traballar, ten un efecto directo sobre a xestión nas nosas finanzas persoais e na seguridade que precisa o mundo dixital.