CS Química e saúde ambiental
A competencia xeral deste título consiste en vixiar e controlar os efectos sobre a saúde dos factores de risco ambiental e alimentario, participar na posta en marcha e o desenvolvemento de sistemas de xestión ambiental e intervir en programas de educación para a saúde pública e comunitaria baixo a supervisión, no seu caso, do superior responsable, de acordo cos protocolos establecidos, respectando a normativa de referencia en condicións de calidade e seguridade.
Modalidade: ordinario presencial
Horario: de 08:30 a 15:00
Ciclo formativo de grao superior: 2000 horas /dous cursos académicos